Hoxe foi o teu cumpleanos. E un ano máis,pregúntome se
pensarías en min,se me botarías de menos,como eu o veño facendo dende hai xa 6
anos. Pero cómo sabelo? Cómo sabelo se as dúas somos tan sumamente cabezotas
como para dar o primeiro paso e preguntalo,quizais por medo,ou como no meu
caso,por vergoña. Ou quizáis porque seguramente non queiras saber máis de min.
Habelo pensado antes,dirasme. Habelo pensado antes de tirar todo o que tiñas
pola borda.
Pero,e se non é así? E se esas palabras que lin sen que ti o souberas en realidade ían dirixidas a min e non a outra persoa á
que creo que van dirixidas? Por qué entón non ves á miña casa,timbras,e
recuperamos eses anos perdidos? Son tantas preguntas as que me fago… E dóeme
tanto,dóeme tanto que por un simple malentendido que foi crecendo como unha
bola de neve montaña abaixo botáramos por terra 15 anos de amizade. Cos seus
altibaixos,sí,pero amizade ó fin e ó cabo.
How can I adjust to the way that things are
going? It's killing me slowly… I just want it to be how it used to be…
E nin siquiera como solía ser,conformaríame tan só con poder
compartir contigo cousas que desexaría haberche contado,situacións nas que me
gustaría que estiveras presente. Por exemplo,o meu primeiro día na facultade.
Recordo que estaba aterrada… cómo me gustaría que houberades estado alí,ti e as
rapazas,tan só para sentirme segura,protexida. Contarche cousas que aprendín
alí,anécdotas das clases,das prácticas que estou segura de que che houberan
gustado… E tantas outras cousas,toda a xente que coñecín,as experiencias que
vivín,os sitios que descubrín. Tantas opinións que pedirche e dúbidas que
consultarche,tantos recordos que lembrar…
Pero é tan difícil... tan difícil que volva ser,xa non como
antes, senón parecido… Ás veces creo que non pode ser posible,xa non polas
circunstancias,senón porque creo que cambiamos,que cambiamos tanto que teño
medo de que xa non teñamos nada en común. É como se foramos persoas
completamente diferentes; pasou
tanto tempo que ás veces esquezo como era a túa voz.
Nin siquiera sei
como es agora. Non sei que é o que che inquieta,o que che preocupa,o que che
divirte. Non sei en qué pensas. Non sei o que queres. Non sei quen es.
Pero sí sei quen
fuches. Recórdoo.
Ti non o sabes
pero ás veces recordo. Penso en palabras,frases inventadas cunha linguaxe
secreta (miñocas,a mushu-mushu,fuximori triquitriqui),xogos de nenas os venres
pola tarde. Penso en barbies prostitutas que “ándanlle rascando ahí” a ritmo de
Christina Aguilera. Penso en tardes de Quién es quién, Línea directa e La herencia
de tía Ágatha. Penso en disfraces de carnaval, en recreos de brilé. Penso en
plans de máquinas do tempo con clips e microchips. Penso en “Odio a Santa
Claus,dichoso Santa Claus!”. Penso en días de praia e bostezos contaxiosos.
Penso en películas cutres de sábado tarde. Penso en mañás con sono e mediodías
con fame acompañándonos á clase. Penso en festas de verán e cumpleanos de
inverno. Penso en chats na Casa da cultura. Penso en juezas-vampiresas baixo a
choiva. Penso en que a primeira vez que bailei nunha festa (obrigada,eso sí)
foi contigo. Penso en paseos ou “voltas” de fin de semana. Penso en tardes de
cine improvisado. Penso en Saruki e lentillas de ollomol. Penso en clases de ximnasia bailando batuka “ó
agarrao”. Penso en Actividades de estudio xogando a xogos chorras. Penso en paseos de horas libres (Moi…Lolita+Marilyn Manson,un en cada
orella). Penso en recreos de parvadas e chaskis sabor barbacoa, e extraños
ataques tras o ximnasio. Penso na conversa que tiveches con certa persoa aquel
9 de xuño, e que salvou a miña pseudoreputación. Penso en bromas de tardes de
verán e xeados á saída da piscina.
Sabes que non
volvín á piscina desde que ía contigo? Igual é porque non me fai tanta graza
facer o feto submarino se ninguén se ri de min, e se ninguén te confunde cun
tiburón mentres pretendes ensinarme a bucear. Igual por iso deixei de facer
algunhas cousas e conservei outras, como o cartel lila co meu nome da porta.
E sabes que era o
que máis me gustaba de ti? A túa especie de “dobre persoalidade”,a túa forma de
pasar de ser a persoa máis responsable do mundo a ser a máis cabra tola.
Gustábanme eses arroutos. E tamén a túa capacidade de adaptarte a calquera
situación. Admiraba o aberta e sociable que eras,e que non che daba vergoña
nada nin parecía intimidarte nadie.
Pregúntome se
seguirás sendo así... pero estou segura de que sí.
Hai cousas que nunca cambian
:)
Pero ahora debería
saber que con el tiempo las cosas deben cambiar, así que no debería ser tan
malo…
Entonces, ¿por qué me siento tan triste?