lunes, 5 de noviembre de 2012

Shine bright.




Somos fermosos como diamantes no ceo...



Se eu puidera saír ahí,e vivir a miña vida como eu quero,faríao sen dudalo.

Sairía a buscarte.

Pero por desgracia,por razóns alleas a min,non podo.



Só podo esperar a que ti me encontres...





Que sexa pronto.

martes, 24 de abril de 2012

So why do I feel so sad?


Hoxe foi o teu cumpleanos. E un ano máis,pregúntome se pensarías en min,se me botarías de menos,como eu o veño facendo dende hai xa 6 anos. Pero cómo sabelo? Cómo sabelo se as dúas somos tan sumamente cabezotas como para dar o primeiro paso e preguntalo,quizais por medo,ou como no meu caso,por vergoña. Ou quizáis porque seguramente non queiras saber máis de min. Habelo pensado antes,dirasme. Habelo pensado antes de tirar todo o que tiñas pola borda.

Pero,e se non é así? E se esas palabras que lin sen que ti o souberas en realidade ían dirixidas a min e non a outra persoa á que creo que van dirixidas? Por qué entón non ves á miña casa,timbras,e recuperamos eses anos perdidos? Son tantas preguntas as que me fago… E dóeme tanto,dóeme tanto que por un simple malentendido que foi crecendo como unha bola de neve montaña abaixo botáramos por terra 15 anos de amizade. Cos seus altibaixos,sí,pero amizade ó fin e ó cabo.

How can I adjust to the way that things are going? It's killing me slowly… I just want it to be how it used to be…

E nin siquiera como solía ser,conformaríame tan só con poder compartir contigo cousas que desexaría haberche contado,situacións nas que me gustaría que estiveras presente. Por exemplo,o meu primeiro día na facultade. Recordo que estaba aterrada… cómo me gustaría que houberades estado alí,ti e as rapazas,tan só para sentirme segura,protexida. Contarche cousas que aprendín alí,anécdotas das clases,das prácticas que estou segura de que che houberan gustado… E tantas outras cousas,toda a xente que coñecín,as experiencias que vivín,os sitios que descubrín. Tantas opinións que pedirche e dúbidas que consultarche,tantos recordos que lembrar…

Pero é tan difícil... tan difícil que volva ser,xa non como antes, senón parecido… Ás veces creo que non pode ser posible,xa non polas circunstancias,senón porque creo que cambiamos,que cambiamos tanto que teño medo de que xa non teñamos nada en común. É como se foramos persoas completamente diferentes; pasou tanto tempo que ás veces esquezo como era a túa voz.
Nin siquiera sei como es agora. Non sei que é o que che inquieta,o que che preocupa,o que che divirte. Non sei en qué pensas. Non sei o que queres. Non sei quen es.

Pero sí sei quen fuches. Recórdoo.

Ti non o sabes pero ás veces recordo. Penso en palabras,frases inventadas cunha linguaxe secreta (miñocas,a mushu-mushu,fuximori triquitriqui),xogos de nenas os venres pola tarde. Penso en barbies prostitutas que “ándanlle rascando ahí” a ritmo de Christina Aguilera. Penso en tardes de Quién es quién, Línea directa e La herencia de tía Ágatha. Penso en disfraces de carnaval, en recreos de brilé. Penso en plans de máquinas do tempo con clips e microchips. Penso en “Odio a Santa Claus,dichoso Santa Claus!”. Penso en días de praia e bostezos contaxiosos. Penso en películas cutres de sábado tarde. Penso en mañás con sono e mediodías con fame acompañándonos á clase. Penso en festas de verán e cumpleanos de inverno. Penso en chats na Casa da cultura. Penso en juezas-vampiresas baixo a choiva. Penso en que a primeira vez que bailei nunha festa (obrigada,eso sí) foi contigo. Penso en paseos ou “voltas” de fin de semana. Penso en tardes de cine improvisado. Penso en Saruki e lentillas de ollomol. Penso en  clases de ximnasia bailando batuka “ó agarrao”. Penso en Actividades de estudio xogando a xogos chorras.  Penso en paseos de horas libres  (Moi…Lolita+Marilyn Manson,un en cada orella). Penso en recreos de parvadas e chaskis sabor barbacoa, e extraños ataques tras o ximnasio. Penso na conversa que tiveches con certa persoa aquel 9 de xuño, e que salvou a miña pseudoreputación. Penso en bromas de tardes de verán e xeados á saída da piscina.

Sabes que non volvín á piscina desde que ía contigo? Igual é porque non me fai tanta graza facer o feto submarino se ninguén se ri de min, e se ninguén te confunde cun tiburón mentres pretendes ensinarme a bucear. Igual por iso deixei de facer algunhas cousas e conservei outras, como o cartel lila co meu nome da porta.

E sabes que era o que máis me gustaba de ti? A túa especie de “dobre persoalidade”,a túa forma de pasar de ser a persoa máis responsable do mundo a ser a máis cabra tola. Gustábanme eses arroutos. E tamén a túa capacidade de adaptarte a calquera situación. Admiraba o aberta e sociable que eras,e que non che daba vergoña nada nin parecía intimidarte nadie.

Pregúntome se seguirás sendo así... pero estou segura de que sí. 

Hai cousas que nunca cambian :)


Pero ahora debería saber que con el tiempo las cosas deben cambiar, así que no debería ser tan malo…

Entonces, ¿por qué me siento tan triste?